Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións

O POEMA: O VERSO, A ESTROFA, A RIMA. Lembra

 O POEMA

Os poemas están formados por versos. Agrupados por estrofas. Al últimas palabras dos versos, ás veces riman. 

Que é un verso? 

Un verso é cada unha das liñas do poema.

Que é unha estrofa?

Unha estrofa é un conxunto de versos. As estrofas sepáranse por espazos.

Que é a rima?

É a repetición dos sons nas últimas palabras de cada verso, a partir da vogal tónica. 

Cales son os tipos de rima?

  • Rima consoante: Coincide todo (vogais e consoantes, a partir da vogal tónica. Ex: pilla, filla
  • Rima asoante: Coincide só as vogais: Ex. lapis - cáliz



LEMBRA....

O poema está formado por estrofas. 
Cada estrofa está formada por versos. 
Unha estrofa é un conxunto de versos que riman entre si e desenvolven unha idea determinada. 

ESTROFA, VERSO E RIMA

NÚMERO DE SÍLABAS DUN VERSO


VERSOS DE ARTE MENOR E MAIOR

COMO ESCRIBIR UN POEMA

  1. SELECIONAR OU PENSAR O TEMA DE QUE VAI TRATAR O POEMA: O poema debe explicar o contar algo Non se trata de buscar palabras que rimen sen que exista unha relación temática entre elas. 
  2. PENSAR AS PALABRAS QUE RIMEN: Teñen que tratar do tema do poema
  3. PENSAR A ESTROFA COMPLETA: Colocar as palabras que riman ao final de cada verso.
  4. ELABORAR MÁIS ESTROFAS. Repetir os tres puntos primeiros intentando que as estrofas tamén estean relacionadas.

A POESÍA. Actividades interactivas


A POESÍA 

Ficha interactiva que traballa os conceptos de:

          • Verso, 
          • Estrofa 
          • Rima

MÉTRICA E RIMA

Ficha interactiva para analizar estrofas sinalando:

- Nº de silabas
- Arte: menor o maior
- Tipo de rima: consonante ou asonante
- Esquema da estrofa


MEDIDA DE VERSOS

Ficha interactiva para efectuar a medida e análise dun poema:
- Cantos versos e estrofas ten?
- Cantos versos ten cada estrofa?
- Arte Maior ou Arte Menor?
- Canto miden os versos?
- Tipo de rima?

XOGAMOS A SER POETAS?

Ligazón moi completa para traballar a poesía: compresión dos poemas, medida e rima dos versos, tipos de estrofa, actividades creativas de compoñer poemas.... Con explicacións e actividades.

A LITERATURA POLOS CAMIÑOS DOS CANTARES


Estupendo proxecto didáctico interactivo moi completo  que trata dos seguintes temas con explicacións, actividades, rúbricas...

    1. Poemas e cantares galegos
    2. As figuras retóricas
    3. A narración
    4. O teatro